Despiden un empregado que coou imaxes porno nun informativo de EE.UU

A cadea estadounidense KPPX-TV despediu a un empregado que introduciu un extracto de 30 segundos dunha película pornográfica en plena emisión das noticias.
Ademais, segundo informou a canle local, o traballador «enfróntase a accións legais» despois de que unha investigación determinase que foi o responsable do incidente, que escandalizou ós espectadores de Phoenix (Arizona).

O grupo de comunicación ó que pertence a cadea, ION Television, que emite contidos familiares, cualificou a sabotaxe de «acto intolerable» e ofreceu desculpas formais á audiencia.

Outro caso en Suecia

Non é a primeira vez que imaxes de sexo explícito se coan nun espazo. O verán pasado, uns traballadores da televisión pública sueca (SVT) puxéronse a ver unha película pornográfica nun dos monitores que forman parte do decorado do estudo dos informativos. O problema foi que se esqueceron de apagar o aparello.

Deste modo, os espectadores que estaban a ver as noticias puideron observar detrás do presentador, durante uns cinco minutos, distintas escenas porno. Alguén deuse conta e cambiou a emisión dese monitor, pero xa era tarde.

Mentres a centraliña da canle permanecía bloqueada por centos de chamadas dos indignados espectadores, Per Yng, director de informativos da canle, apurouse a pedir desculpas: «Isto é totalmente vergoñoso e á vez moi mala sorte. Non pode volver a pasar», sinalou. O programa, que se chama 'Rapport', foi bautizado en Suecia como 'Rapporn'.

EL CORREO/AXENCIAS
MADRID