Fallo da III edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa

Mañá venres 13 de abril darase a coñecer o gañador da III Edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa nunha rolda de prensa que terá lugar en Ferrol.
A Sala Sargadelos de Ferrol (Rúa Rubalcava 32-33) acollerá ás 13.00 horas a rolda de prensa no que se dará o nome do gañador desta III edición do certame.

Nela intervirán Xan Morales Somoza, Presidente do Club de Prensa de Ferrol; Darío Janeiro, secretario do Premio que dará lectura a acta; Xosé Manuel Vega Gómez, Decano do CPXG e Luis Vela Alarcó, Director Comarcal de Caixanova A Coruña-Lugo.