Industria deixará sen TV analóxica a algunhas zonas de España este ano

O temido «apagón analóxico», previsto para 2010, está á volta da esquina e ó Goberno entráronlle as présas por acelerar o proceso, para «evitar colapsos».
Pese á escasa implantación da tecnoloxía dixital nos fogares españois, o ministerio de Industria a través do seu secretario de Estado de Telecomunicacións, Francisco Ros, anunciou onte que o Goberno, as Comunidades Autónomas e os distintos actores do sector audiovisual, están a elaborar un «proxecto mestre de tránsito» para acelerar a implantación desta tecnoloxía mediante o apagado do sinal analóxico en diversas zonas de España, informa Europa Press.

Consenso das partes

Segundo Ros, «o proxecto, que se discute entre todas as partes desde fai meses, conta con todo o consenso e será aprobado polo Consello de Ministros durante o mes de xullo».

Para realizar o proceso dividiuse o territorio en varias demarcacións para comezar co apagado selectivo de polo menos 4 ou 6 zonas de forma inminente, «algunhas antes de final de ano, como sería o caso de Soria, unha das primeiras cidades en se someter a esta proba piloto.

Entre os actores implicados no proceso, o secretario de Estado mencionou ós operadores de televisión, compañías de distribución do sinal, instaladores de antenas, fabricantes de equipos ou administradores de predios, que, en coordinación cos Gobernos autonómicos, irán dando paso ó apagado selectivo «para evitar o colapso de última hora», cando se produza o «apagón analóxico» definitivo.

O secretario de Estado das Telecomunicacións sinalou na súa comparecencia na Comisión de Industria que «existe un calendario de aceso e apagado que xa foi debatido. Estamos nas últimas fases e esperamos que estea en condicións para o presentar polo consello de ministros en xullo».

Na marxe deste proxecto, Ros contestou ás críticas dalgúns deputados acerca da programación que se pode ver nas emisións de Televisión Dixital Terrestre (TDT), e lembrou que no contrato de concesión da licenza «aparece ben claro que son necesarios contidos de calidade», ó que as cadeas están comprometidas. «Estámoslles a seguir, e ó que non cumpre, lle informamos e abrimos expediente por contidos que non son de calidade», afirmou.

De forma análoga, Francisco Ros apuntou que o Goberno estará «moi vixilante» para que se cumpra o compromiso de cobertura territorial, que en xullo deste ano xa debería alcanzar ó 85 por cento da poboación.

Só un 6% de audiencia

Se supón que é a televisión do futuro, que se poden ver moitas máis canles que coa televisión analóxica e con maior calidade e definición.

Porén para iso hai que mercar un descodificador -que rolda entre os 30 e os 90 euros, aínda que algúns televisores xa o traen incorporado- e na maioría dos casos solicitar a axuda dun antenista.

Os cidadáns seguen conformándose co seu sistema de sempre e case non consumen TDT como se deduce das últimas cifras de audiencia facilitadas por TNSofres o mes pasado. En maio, de todo o tempo que os españois dedicaron a ver a televisión, só o 6 por cento a viu a través da Televisión Dixital Terrestre (TDT), só unha décima máis que en abril.

LA RAZÓN/EUROPA PRESS
M. VÁZQUEZ
MADRID