Máis de mil xornalistas asasinados nos últimos dez anos

A investigación "Matando ó mensaxeiro, o alto custo das noticias" do Instituto Internacional para a Seguridade das Noticias (INSI), apunta que máis de mil profesionais pereceron no mundo na última década tratando de cubrir as noticias.
O informe divulgado este martes en Londres asegura que Iraq, Rusia e Colombia son os países onde máis xornalistas morreron nos últimos dez anos, con case total impunidade para os seus asasinos.

"Nove de dez asasinos de xornalistas na última década non foron xamais procesados", indica o estudo, que subliña que en países como Rusia e México, a maior parte de reporteiros asasinados investigaba sobre o narcotráfico ou a corrupción.

"En moitos países, o asasinato converteuse na maneira máis doado, barata e efectiva para silenciar ós reporteiros", subliñou Rodney Pinder, director do INSI, que agrupa a organizacións, sindicatos e profesionais que traballan en defensa da liberdade de prensa.

PERIODISTA DIGITAL