Mesa redonda sobre as radios comunitarias e a liberdade de expresión

As radios comunitarias, libres ou alternativas son experiencias de comunicación popular con presenza ó longo de todo do planeta, que reclaman un espazo no dial desde o que dan voz a quen non a teñen.
A URCM organiza o xoves 21 de xuño de 2007 unha mesa redonda na que participarán María Pia Matta (Asociación Mundial de Radios Comunitarias) e Damian Loreti (Cátedra UNESCO-Liberdade de expresión da Universidade Nacional de La Plata).

Na mesa redonda poderase coñecer a realidade das radios comunitarias en América Latina e abordarase a problemática legal que afecta a estas radios ante marcos lexislativos discriminatorios que dificultan o seu dereito a comunicar, impedindo o seu acceso a frecuencias para emitir.

María Pia Matta, é unha das impulsoras de Radio Tierra, radio de mulleres en Santiago de Chile. Na actualidade é vicepresidenta para America Latina e o Caribe da Asociación Mundial de Radios Comunitarias (AMARC-ALC) e participa no Consello Internacional do Foro Social Mundial.

Damian Loreti é Asesor Xurídico de AMARC ALC en temáticas de liberdade de expresión e radiodifusión. Doutor en Ciencias da Información pola UCM é Profesor Titular da cátedra de Dereito á Información e Vicedecano da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Bos Aires e Titular da Cátedra Unesco Liberdade de Expresión da Universidade Nacional de La Plata.

A URCM organiza esta mesa redonda o xoves 21 de xuño de 2007 ás 19:00 horas na Librería asociativa Traficantes de Sueños C/ Embajadores, 35 de Madrid.

PERIODISTAS-ES
MADRID