Morreu Josep Mª Huertas Clavería, degà do Col.legi de Periodistes de Catalunya

O degà do Col.legi de Periodistes de Catalunya, Josep Mª Huertas Clavería, morreu no Hospital Clínico de Barcelona, ás dúas na madrugada de do día 4 de marzo. O xornalista ingresou o venres por un derrame cerebral que non conseguiu superar, según informou o complexo sanitario.
Josep Mª Huertas accedera ó decanato do Col.legi o pasado mes de maio de 2006 e , pese a estar convalecente dunha recente intervención cirúrxica, aínda presidiu o pasado martes, a última sesión ordinaria da Xunta de Goberno da entidade. Anteriormente ó decanato, Huertas formara parte en varias ocasións da Xunta de Goberno do Col.legi.
Josep Mª Huertas nado en Barcelona, o 24 de novembro de 1939 e vinculado sempre moi estreitamente ó barrio do Poblenou, comezou a súa carreira xornalística no Setmanari Firmo. Ó longo da súa intensa traxectoria profesional traballou, entre outros, no Correo Catalán, Tele/Express, El Periódico de Catalunya, La Vanguardia e Avui. Foi tamén director da revista Oriflama.
En xuño do ano 1975 protagonizou un episodio que mobilizou a profesión xornalística en defensa da liberdade de expresión. Por mor dun artigo publicado en Tele/Express, foi xulgado en Consello de Guerra e prendido na Modelo de Barcelona. Huertas, en solitario ou en colaboración con outros autores, publicou máis de 50 libros sobre mocidade, xornalismo, movemento obreiro e especialmente, sobre a cidade e os barrios de Barcelona. Joseph Mª Huertas recibiu, entre outras distincións, o galardón "Oficio de Xornalista" pola súa traxectoria profesional e a medalla de Honra da cidade de Barcelona.
A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) mostrou a súa consternación pola perda e así o fixo chegar ó Col.legi.

BARCELONA
COL.LEGI DE PERIODISTES DE CATALUNYA