Novos premios para ferramentas educativas dixitais en galego

O Diario Oficial de Galicia publicará proximamente a convocatoria do Premio a Recursos Educativos para a Sociedade da Información. Son en total 52.000 euros a repartir en catro categorías: ferramentas de autor, materiais curriculares web, aplicacións de software libre e galerías de imaxes e vídeos didácticos.
Os premios están destinados aos mestres do ensino público non universitario, segundo informa o portal do PEGSI. O prazo de presentación de candidaturas, que non se abrirá ata a publicación no DOG, rematará o vindeiro 15 de setembro.

FWWWRANDO