O borrador da lei de sociedade da información podería non ser constitucional

A Comisión de Liberdades e Informática (CLI) ve indicios de inconstitucionalidade no anteproxecto de lei de medidas de impulso da sociedade da información e pensa que debe rexeitarse a inclusión dun sistema de censura previa nunha iniciativa tan esperada polos usuarios de Internet.
"Sería un erro analizar illadamente este anteproxecto doutras iniciativas que nos chegan desde o marco político da Unión Europea", destacou a CLI, que concretou que a Directiva sobre Retención de Datos e o recente acordo de cesión de datos entre as administracións europea e estadounidense "son asaltos previos ás liberdades e dereitos dos cidadáns".

No que se refire a Internet, a CLI entende, segundo constata mediante un comunicado feito público onte, que é unha ferramenta creada para transmitir información, un espazo para a comunicación, e o acceso ós contidos que aí se publican.

"Internet xa é actualmente unha ferramenta básica no que respecta á democratización das novas tecnoloxías da información e das comunicacións", engade en relación.

MADRID
EL CORREO GALLEGO / E. P.