O Colexio de Xornalistas cambia de sede a partir do 31 de agosto

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia muda a súa sede en Santiago de Compostela á Rúa Ponferrada, número 9, baixo. A partir deste xoves 31 de agosto, a nova sede estará aberta no horario de verán, de 8 a 15 horas.

A nova sede do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia está situada na Rúa Ponferrada, número 9, baixo (15707 Santiago de Compostela), no barrio das Fontiñas da capital galega. Desde este xoves, a nova ubicación do Colexio estará aberta no horario marcado polo convenio de Despachos e Oficinas da provincia de A Coruña.

Ademais, as persoas interesadas en contactar co Colexio poden continuar a facelo polos medios habituais, mediante o enderezo eletrónico xornalistas@xornalistas.gal ou chamando ao teléfono 981 935 670.

CPXG