O Colexio de Xornalistas expresa o seu pesar pola morte de José Luis Portela

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia quere transmitir ás súas condolencias polo falecemento de José Luis Portela Perdiz e trasladar o cariño de toda a profesión á familia e amigos do xornalista, falecido o pasado mércores.

Natural de Pontecaldelas, José Luis Portela comezou a súa carreira xornalística en Radio Pontevedra, onde chegou a recibir o premio ondas polo seu traballo. En 1987 pasou a formar parte do equipo de reporteiros da Radio Galega, e estivo á fronte de programas como Quedamos na Galega, Miradoiro ou Pensando en ti. Foi tamén colaborador en televisión e columnista de opinión en varios medios escritos, especialmente no Atlántico Diario

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia , en nome do conxunto da profesión, quere expresar o seu fondo pesar polo pasamento á familia e persoas achegadas, así como aos seus compañeiros da Radio Galega.

Xunta de Goberno
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia