O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia felicita a Manuel Rivas

A IX Asemblea do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, celebrada este sabado en Santiago, acordou, a proposta do decano, Xosé Manuel Pereiro, felicitar a Manuel Rivas na súa toma de posesión como membro numerario da Real Academia Galega.
O CPXG acordou felicitar a Rivas, o primeiro colexiado en activo e tamén o primeiro xornalista en exercicio que entra na RAG, pola súa traxectoria profesional e literaria, que sempre discurriu, segundo salientaron os asistentes á Asemblea, na defensa dos valores democráticos e do idioma e da cultura de Galicia.

O recente académico é licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense. Formou parte da primeira Xunta de Goberno do CPXG. Traballou en varios xornais galegos, en TVE e TVG, fundou e dirixiu a revista Luzes de Galicia. Desde hai tempo, e na actualidade, desenvolve o seu labor profesional no xornal El País.

Xunta de Goberno
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia