O Concello de Lugo promete wifi para o 90% da súa área rural

O concello de Lugo acaba de anunciar a "implantación da banda larga sen fíos wimax/wi-fi" para o 85-90% da zona rural do concello. Será o Estado quen financie os 350.000 que custará a instalación da rede.
Lugo únese así a Santiago, A Coruña e Ribadumia, algúns dos concellos que, a poucas semanas das eleccións municipais, anunciaron o despregamento de redes públicas.

Ademais o municipio lucense indica que vai realizar un programa de formación polos barrios da cidade, co fin de achegar as novas tecnoloxías aos maiores.

Reunión do Programa Cidades Dixitais

Estas iniciativas forma parte de Lugo Dixital, inciativa q do programa Cidades Dixitais, que busca a extensión das novas tecnoloxías mediante accións locais. Precisamente a partir do 26 e 27 a cidade amurallada acollerá o II Foro de Cidades Dixitais. Representantes dos programas de Vigo, A Estrada, Santander, Avilés, e Leganés, Alcobendas, A Coruña, Segovia Vilalba e As Pontes participarán no encontro.

FWWWRANDO