O CPXG manifesta o seu malestar polo anuncio dun novo ERE en Cadena SER

Ante a intención da dirección da Cadena SER de impoñer un ERE que afectaría en principio a uns 200 traballadores, e ao 10% do salario da totalidade do persoal, a Xunta de Goberno do CPXG manifesta a súa sorpresa porque hai pouco máis de medio ano xa se pechara un ERE para 250 persoas que aseguraría os postos de traballo restantes, ou iso se dixo.
Pero sobre todo, a Xunta de Goberno do Colexio de Xornalistas manifesta o seu malestar porque a SER é unha empresa rendible, e a cadea de radio de máis audiencia, e os despedimentos non obedecen a ningunha outra necesidade que a de obter máis beneficios a costa de deteriorar a calidade de vida dos profesionais e/ou a calidade do produto que elaboran, e polo tanto que escoita a súa audiencia. O CPXG reitera unha vez máis que a información non é algo que se poda elaborar mediante procesos industriais que abaratan custes e man de obra (ou si, pero entón non é información). Sigue dependendo, para que siga sendo de calidade, de que a fagan os mellores profesionais posibles, coa mellor motivación e a maior entrega.

Xunta de Goberno
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia