O CPXG respalda ao colectivo de fotoxornalistas galegos na súa reivindicación de poder fotografar aos candidatos no debate da CRTVG

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia respalda ao conxunto do fotoxornalismo galego que acaba de dirixirse para amosar o seu mal estar pola decisión da CRTVG de non permitir o acceso ás instalacións desta entidade pública, para poder fotografar aos candidatos á presidencia a Xunta de Galicia no debate desta noite.

As razóns esgrimidas polo ente baséanse nas restricións sanitarias impostas pola crise do COVID-19. O colectivo entende estas limitacións, que a diario cumpren de forma estrica nos actos da campaña electoral, polo que non se opoñen a pasar os controis requiridos pola CRTVG para evitar posibles contaxios. Por iso, solicítase á CRTVG, facilite o labor dos informadores gráficos para garantir o dereito á información da cidadanía.


Xunta de Goberno
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia