O FOP pide a inmediata liberación de Javier Espinosa e Ricardo García, secuestrados en Siria

O Foro de Organizacións de Xornalistas (FOP) reclama a inmediata liberación do enviado especial do diario El Mundo á guerra de Siria, Javier Espinosa e do reporteiro gráfico Ricardo García Vilanova, que foron secuestrados o pasado 16 de setembro en territorio sirio, moi preto da fronteira con Turquía.
O FOP manifesta o seu apoio e solidariedade coas familias dos compañeiros secuestrados e pide ao Goberno que reforce todos os contactos diplomáticos para que, de forma inmediata, se proceda á liberación destes dous compañeiros e do corresponsal de El Periódico de Catalunya, Marc Marginedas que tamén leva meses secuestrado cando cubría para o seu medio este conflito armado.

A pronta liberdade destes compañeiros incúmbenos a todos, xa que o traballo xornalístico dos corresponsales de guerra é esencial para dar a coñecer a realidade do que está sucedendo no terreo -o sufrimento das poboacións afectadas, as violacións dos dereitos humanos, o uso de armas químicas, etc.-. Son testemuñas incómodas pero fundamentais, xa que son os ollos e as voces que nos informan do que realmente está sucedendo fronte á información interesada que tantas veces ofrecen as partes en conflito.

O FOP representa a más de 15.000 asociados ou afiliados aos colexios de xornalistas (Col•legi de Periodistes de Catalunya e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia), organizacións sindicais (Agrupación de Xornalistas de UGT, CC OO e Federación de Sindicatos de Xornalistas –FeSP-, Sindicat de la Imatge UPIFC), e a Asociación Nacional de Informadores Gráficos de Prensa y Televisión. Por acordo adoptado o pasado xaneiro a secretaría do Foro no presente exercicio tena encomendada a Agrupación de Xornalistas de UGT (AGP-UGT).

FOP