O ollo biónico pode devolver a vista ós pacientes cegos

Científicos en Estados Unidos deseñaron un ollo biónico, que lles permitiría ás persoas cegas recuperar a visión, mediante un chip informático colocado na parte traseira do ollo humano.
En estado normal, o ollo ten millóns de células que converten a luz en sinais eléctricos, que logo son enviadas ó cerebro, a través do nervio óptico, onde son interpretados.

Moita xente perde a vista paulatinamente, debido ó mal funcionamento destas células. Nalgúns pacientes, esas células están estragadas, pero en cambio, as conexións co cerebro mantéñense intactas. Aquí é onde o uso destas investigacións pode achegar enormes beneficios.

O chip funciona a través dunha conexión cunha mini cámara de video construída dentro dos lentes que debe usar a persoa. As imaxes son captadas pola cámara e procesadas polo chip para logo trasladar a información por medio de impulsos que o cerebro pode interpretar.

Aínda que as imaxes producidas polo ollo artificial están lonxe de ser perfectas, son o suficientemente nítidas para permitir a unha persoa con discapacidade visual recoñecer rostros humanos e obxectos.

Os avances neste campo beneficiarían a aqueles pacientes que actualmente son cegas, por mor dun accidente ou por dexeneración macular. Nestes pacientes o ollo deixou de funcionar, pero os centros da visión no cerebro están intactos. Porén, aínda hai dúbidas sobre a súa posibilidade de aplicación nos seres humanos.

A incógnita máis preocupante é se o cerebro poderá interpretar os diferentes tipos de sinais eléctricos enviados polas células artificiais. Os médicos suxiren que, aínda que isto sexa posible, pode resultar un proceso longo para o paciente.

O implante na retina contén diminutos electrodos. Se un estimula un, a persoa verá un só punto de luz. Ata o momento probouse o mecanismo cun número reducido de electrodos, pero espérase que a versión final conteña entre 50 e 100 electrodos para ofrecer un panorama máis completo.

A tecnoloxía do microchip poderá, no futuro, restaurar a visión dos pacientes con enfermidade retiniana externa.

FWWWRANDO