Ordenadores empotrados na parede da casa

A empresa británica JadeIntegration está preparándose para vender un ordenador que encaixa nunha abertura na parede e que se alimenta a través do cable Ethernet de rede de toda a vida.
O JackPC é un revolucionario ordenador inventado e fabricado por Chip PC Tecnologies, de Israel, que pode conectarse a un monitor estándar, ademais dun rato e teclado, e está gobernado por Windows CE, o sistema operativo para dispositivos móbiles de Microsoft.

Véndese con 64 Mbytes de memoria Flash e 128 Mbytes de RAM, e aínda que non será posible xogar a xogos como NeverWinter Nights 2, se poden realizar algunhas funcións básicas de Internet. Consume só 5 W, polo que se fomentarán as súas vantaxes favorables co medio ambiente; e dispón dun navegador IE 6 integrado. O usuario poderase esquecer dos virus, porque o Jack PC non ten disco duro.

Custará entre 340 e 440 euros dependendo das especificacións que se escollan.

FWWWRANDO