Prezo reducido para membros do CPXG no curso online 'Aplicacións da intelixencia artificial nas redaccións xornalísticas e novos perfís profesionais'

O Col·legi de Periodistes de Catalunya organiza o curso online 'Aplicacións da intelixencia artificial nas redaccións xornalísticas e novos perfís profesionais', que se desenvolverá o venres 7 de xullo en horario das 10:00 ás 14:00 horas. O curso ten matrícula a prezo reducido para colexiados e colexiadas do CPXG.

O obxectivo desta sesión é explicar como a intelixencia artificial (IA) chegou aos medios de comunicación, que se fai ou se pode facer con ela, os retos e dificuldades que comporta e como se aplicou específicamente na Radiotelevisión Española (RTVE) e na Corporació Catalana de Mitjans Audiovisuals (CCMA). O programa constará de dúas partes. Na primeira delas daráse unha formación xeral sobre tecnoloxía e medios e a irrupción da IA nos medios, así como casos prácticos da aplicación da IA en RTVE. A segunda estará centrada en casos prácticos de IA na CCMA, así como o impacto da IA nos diferentes perfís profesionais desta corporación. Ambas as dúas partes consistirán nunha exposición combinada e un debate coas e cos participantes.  

O custo da matrícula é de 68 euros, cun prezo reducido de 34 euros para colexiados e colexiadas do CPXG, en virtude dos acordos co Col·legi de Periodistes de Catalunya. Para beneficiarse do prezo reducido é necesario seleccionar, no momento de facer a inscrición na web, a opción de colexiados, e a posteriori enviar por correo a cfd@periodistes.cat unha foto do carné de colexiado para certificar a pertenza ao Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. O curso vai constar de 4 horas de formación e estará impartido por David Corral Hernández, xornalista e responsábel de innovación da RTVE (quen dará a primeira parte), e Alberto Alejo Marcos, xefe da área de enxeñeria da CCMA (que se fará cargo da segunda).

Máis información e formulario de matrícula aquí.

CPXG