Telefónica e Telecinco asinan un acordo de confidencialidade sobre Endemol

Telefónica e Telecinco asinaron un acordo de confidencialidade acerca do potencial interese pola adquisición da produtora de televisión Endemol, na que a operadora controla un 75% do capital, segundo anuncia a cadea de televisión nun comunicado.
Segundo esta comunicación, "desde este momento e ata a conclusión do proceso de venda, Telecinco aterase a unha estrita obriga que impide divulgar calquera tipo de información sobre o desenvolvemento da operación".

A primeiros de marzo, Telefónica anunciou que estaba a explorar "alternativas estratéxicas" en relación coa súa participación en Endemol, incluindo unha posible desinversión total ou parcial da compañía.

Entre os potenciais compradores da produtora baralláronse no último mes os nomes Mediaset, o seu filial Telecinco, e John de Mol, co-fundador da produtora, que decidiron reunirse a semana pasada en Roma para estudar a proposta de compra de Endemol. Tras este encontro, o conselleiro delegado de Mediaset, Giuliano Adreani, anunciou que participará nunha oferta por Endemol xunto a John de Mol.

Así mesmo, Rupert Murdoch, presidente de News Corp. e Bernard Arnault, presidente de LVMH, soaron con forza como posibles compradores. No mercado tamén se barallaron os nomes das sinaturas de capital de risco Hellman & Friedman, Apax Partners, Providencce, Permira, Cinven e CVC como potenciais oferentes.

Telecinco manifestou en varias ocasións que considera esta operación interesante, dependendo do prezo, "porque é unha inversión que vai en liña coa súa core business e pola boa implantación internacional de Endemol".

EL MUNDO/EUROPA PRESS
MADRID