Thomson confirma querer mercar Reuters por 17,7 millóns de dólares

O grupo de información financeira canadense Thomson Corporation confirmou que quería mercar Reuters por 17, 7 millóns de dólares americanos (13 millóns de euros), co consentimento da dirección do seu competidor británico, co fin de se converter no principal grupo do sector.
Os consellos de administración dos dous grupos estiman "que hai unha lóxica poderosa e irrefutable para unha alianza que creará un líder mundial no mercado da información dos negocios".

Actualmente, Reuters posúe o 23 % do mercado da información financeira mentres que Thomson, a través do seu filial Thomson financial, posúe o 11%, segundo as cifras de Incide Market Data. O actual número un, o americano Bloomberg, conta co 33% do mercado.

"Moitas cousas que arranxar"

Thomson e Reuters precisaron porén que non había "ningunha seguridade de que se obteña un acordo" xa que hai aínda "moitas cousas que arranxar".

O principal obstáculo para esta unión podería ser a Reuters Founders Share Company, encargada da independencia de Reuters grazas a unha golden share (acción específica), permitíndolle o bloqueo de toda compra que non lle conveña.

Porén, as dúas empresas mantéñense optimistas neste sentido, e afirman que se comprometen a conservar os principios de imparcialidade editorial.

O novo grupo, que se chamaría Thomson-Reuters, debería permitir o aforro de máis de 500 millóns de dólares cada ano ó cabo de tres anos, segundo as dúas empresas. A actividade da información financeira e de axencia de prensa conservaría o nome de Reuters e o seu actual director xeral, Tom Glocer, tomaría as rendas de Thomson-Reuters.

As normas da competencia dunha parte e doutra do Atlántico non reaccionaron aínda ó anuncio desta unión. "Todo dependerá da maneira en que as autoridades definan o mercado da información financeira", xulga a banca americana Merrill Lynch, que espera "pequenas concesións" das actividades eventuais para Reuters.

LE MONDE/AFP/AP
LONDRES