Unha xornalista denuncia ó seu director por acoso

Unha redactora dun periódico impreso gratuíto de Mallorca denunciou ante a Policía Nacional ó director da publicación por acoso laboral e comentarios sexuais vexatorios, despois de ter sido despedida por informar da súa situación á empresa editora.
O director da publicación foi apartado cautelarmente das súas funcións.

Segundo a xornalista de mallorcadiario.com Charo Hierro, a redactora queixouse ante o director xeral do periódico de ser vítima dun caso de moobing e quince días despois foi despedida alegando que o período de proba do seu contrato, baseándose nun informe do seu presunto acosador, aínda que precisamente dúas semanas antes o propio director do periódico gratuíto de Mallorca felicitara á redactora polo seu traballo e lle pedise que quedase polo menos un ano no diario.

O despedimento foi comunicado á traballadora pouco despois de que a empresa decidise impedir o regreso á redacción do director e presunto responsable deste hostigamento, tras se ter beneficiado durante meses dun trato benevolente.

O Sindicato de Xornalistas das Illas Baleares esixiu que a redactora sexa readmitida e insta á dirección da empresa editora a iniciar unha investigación interna destes feitos, coa participación do seu comité de empresa.

BALEARES
PERIODISTAS-ES