'Como falar en público: Habilidades de Comunicación Verbal, Non Verbal e Marketing Persoal'

O Centro UNED de Ourense organiza do 17 ao 20 de febreiro o Curso de Extensión Universitaria Como falar en público: Habilidades de Comunicación Verbal, Non Verbal e Marketing Persoal, que ten prezo reducido para as colexiadas e os colexiados do CPXG. O curso vaise realizar en horario de 17:00 a 20:00 horas no Centro UNED de Ourense (Estrada de Vigo Torres do Pino, s/n Baixo. 32001 Ourense).

O custo da matrícula é de 40 euros, cun prezo reducido de 30 euros para colexiados e colexiadas do CPXG e de 20 euros para persoas en situación de desemprego. O curso vai constar de 25 horas, 12 delas de formación presenciais, que se van desenvolver dacordo co seguinte programa:

Luns 17 de febreiro

17:00-20:00 h. Comunicación non verbal. A linguaxe corporal, non trasmitir nerviosismo cos acenos, a ropa que se debe usar, a mirada, a postura…

Martes 18 de febreiro

17:00-20:00 h. Comunicación non verbal. Como captar a atención, o inicio dun discurso, o valor dos silencios, a importancia das preguntas. Control do tempo e un bo final do discurso.

Mércores 19 de febreiro

17:00-20:00 h. Comunicación verbal: que linguaxe debemos usar, falar pausado, transmitir seguridade coas palabras que se usan. Ler en voz alta, vocalización e dicción

Xoves 20 de febreiro

17:00-20:00 h. Identificar cales son as palabras clave que nos definen para potenciar o noso discurso. Evitar bordóns. Explotar as cualidades propias e aprender a comunicalas.

O curso, impartido por Alba Adá Lameiras, licenciada en Xornalismo e experta en Comunicación 2.0, estará dirixido por Jesús Manuel García Díaz, doutor en Historia e Director do Centro UNED de Ourense, e coordinado por María Concepción Alvarez Gómez, secretaria do Centro UNED de Ourense.

Máis información e formulario matrícula aquí.

A realización do curso está suxeita á inscrición dun número suficiente de alumnos.