Comunicación social para combater o discurso do odio

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e Agareso, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social, organizan o curso online "Comunicación social para combater o discurso do odio", que terá lugar o vindeiro mércores 30 de xuño ás 20:00 horas a través da plataforma de formación online do CPXG. O curso é gratuíto para colexiadas e colexiados e estará impartido por Uxía Pérez Fieiras e Verónica Couto Tasende.

Que é o discurso do odio? Como afecta á sociedade ese discurso? Moitas veces temos tan interiorizadas determinadas linguaxes que é difícil que nos deamos de conta de que con elas tamén se está a transmitir odio. Apoiándonos en exemplos reais, neste curso observaremos como ese discurso está presente en multitude de traballos xornalísticos, independientemente da temática que traten. Como resposta para poder contrarrestar ese discurso, alén de vermos, en liñas xerais, algunhas técnicas para combatelo, analizaremos e proporemos narrativas alternativas.

A charla estará impartida por Uxía Pérez Fieiras e Verónica Couto Tasende, ambas as dúas xornalistas ademais de técnicas de educación social de Agareso. Ademais, Pérez Fieiras é estudante de mestrado en Deseño Gráfico e Entornos Dixitais (LABASAD) e en Intervención Social, e foi produtora de Tras la valla, unha curta documental sobre a situación da inmigración subsahariana en Marrocos. Verónica Couto, pola súa banda, foi guionista de Tras la valla e ten traballado como redactora en La Voz de Galicia, como locutora en Radio Voz e como guionista e editora de vídeo en Tik Tak Draw. 

O curso realizarase a través da plataforma de formación online do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, con prazas limitadas. Para inscribirse é preciso enviar un correo a xornalistas@xornalistas.gal indicando o teu nome completo, número de colexiado, enderezo de correo electrónico e número de teléfono antes do venres 25 de xuño. Para entrar na plataforma de formación online, cómpre acceder á páxina de xornalistas.gal co teu usuario e contrasinal. Se aínda non dispós das claves para acceder, podes solicitalas no enderezo xornalistas@xornalistas.gal ou no teléfono 981 935 670. A reserva de prazas realizarase por rigorosa orde de inscrición. 

Se xa estás inscrito, podes acceder ao curso aquí

CPXG