“Como ser periodista freelance”

O Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía organiza o ciclo de charlas virtuais “Como ser periodista freelance”, que se desenvolverá todos os xoves de marzo ás 19:00 horas. Cada taller ten unha duración aproxiimada de hora e media e un custo de 10 euros, puidendo apuntarse a un, a varios ou a todos.

A virtualidade e itinerancia laboral encamíñan a moitos profesionais do xornalismo e a comunicación ao traballo por conta propia de forma continuada ou eventualmente. Este curso pretende poñer en valor o traballo por conta propia e ofrecer respostas ás preguntas frecuentes que nos adoitamos atopar.

Os talleres desenvolveranse segundo o seguinte programa: 

Xoves 4 de marzo

19:00 h. Presentación da guía do CPPA para profesionais independentes. Teño que me dar de alta? De que? Cando? Onde? Como se fai unha factura? Que fago cos recibos?
Paco Ortega, asesor fiscal, e Miguel Ángel Pardo, asesor legal

Xoves 11 de marzo

19:00 h. Da marca persoal á profesional para captar e fidelizar clientes. Facer e aumentar a carteira de clientes. Xerar marca profesional. 
Teresa Suárez, consultora de comunicación e márketing

Xoves 18 de marzo

19:00 h. Casos prácticos. Experiencias de éxito 
Jesús de Sobrino (De Sobrino & Asociados), Amparo Bou (Sinlímites Comunicación) e Pepe Barahona (xornalista freelance)

Xoves 25 de marzo

19:00 h. Responsabilidade profesional do traballo por conta propia. Invocación ao segredo profesional e cláusula de conciencia. Dereito de rectificación. Propiedade intelectual. 
Paco Ortega, asesor fiscal, e Miguel Ángel Pardo, asesor legal

Máis información na páxina web do Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía. Aquí pode descargarse a Solicitude de Inscrición e as instruccións para inscribirse.