RSF denuncia a condena dun xornalista cubano por "perigosidade pre-delictiva"
Reporteiros Sen Fronteiras denunciou a detención e o encarceramento de Óscar Sánchez Madan, correspondente do sitio Cubanet, con sede en Miami. O xornalista foi sentenciado a catro anos de prisión por "perigosidade social pre-delictiva" tras ter sido xulgado sen avogado, segundo a denuncia de RSF.