Biografía

Paco Sarria naceu en Puente de Domingo Flórez (León) en 1962. Comezou a súa longa carreira xornalística en prensa, radio a televisión na desaparecida Ondas Galicia en Ourense. Posteriormente, foi xefe de informativos en COPE-Ourense e delegado da TVG nesa provincia. Nestes anos exerceu tamén labores de redactor e correspondente en La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Correo Gallego, Cadena Rato, Agencia EFE, El País e colaborou con outros medios como Público. En 1991 puxo en marcha o proxecto radiofónico Radio Miño, vencellado a Onda Cero. Actualmente exerce as funcións de coordinador de redacción e contidos en Onda Cero-Ourense. Vogal da Xunta de Goberno do CPXG dende a sua fundación, foi decano do CPXG entre 2016 e 2020.