O Colexio de Xornalistas amplía até o 30 de setembro o prazo para presentarse á XI Bolsa Nacho Mirás
Amplíase até o mércores 30 de setembro o prazo para enviar propostas á XI bolsa ‘Nacho Mirás’ para proxectos xornalísticos, organizada e desenvolvida polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e patrocinada por Abanca, coa colaboración da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. A bolsa ten unha dotación de 6.000 euros, e está aberta a toda a profesión, sen límite de idade, aínda que promovendo especialmente a xornalistas noveis.