Biografía

A Coruña, 1975. Licenciouse en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela en 1997. Máster en Comunicación Interactiva, Social Media e Marketing Dixital. Na Faculdade de Ciencias da Información formou parte do equipo de alumnos que puxo andar a revista Alicerces, na que foi membro do seu Consello de Redacción (1994-1995).  Iniciou a súa carreira profesional en 1994 cando realizou en Radio Galicia Cadena SER as súas primeiras prácticas. En 1995 incorporouse ó plantel de Radio Voz onde desenvolveu tarefas de redactor, primeiro, e de coordenador de informativos, despois. Nesta época tamén dirixiu a programación deportiva de Radio Voz Compostela (1998). En 1999 pasou formar parte da redacción de Onda Cero onde dirixiu o informativo La Brújula de Galicia. En agosto de 2000 incorpórase ó plantel de La Opinión de A Coruña, como membro do equipo de redacción que puxo en marcha o xornal.  En setembro de 2001 ingresa en Radio Coruña Cadena SER, onde traballa como director de Contidos. Neste etapa foi o enviado especial da SER á campaña do BNG nas dúas últimas eleccións autonómicas. Tamén formou parte do equipo de xornalistas da SER que cubriu o desastre do Prestige. Ademais, entre xaneiro de 2006 e xuño de 2007 foi correspondente na Coruña da Axencia Galega de Noticias.   Desde xaneiro de 2005 foi representante da Demarcación da Coruña no pleno territorial no CPXG. Desde este posto impulsou a celebración dos Almorzos ON/OFF, que reúne a xornalistas con persoeiros da vida política, económica, social e cultural de Galicia. Foi vicedecano na Xunta de Goberno do CPXG 2008-2012.