Conclusións extraídas da xornada "O papel dos medios na información de xénero"
Pretende facilitar aos profesionais un marco de correcta actuación na elaboración dos contidos relacionados coa violencia de xénero e no tratamento de datos sobre agresións a mulleres
Esta xornada celebrouse en Lugo o 24 de novembro de 2007, seguindo cos encontros que cada ano organiza o CPXG orientados á información sobre violencia machista. Con estes encontros preténdese facilitarlles aos profesionais un marco de correcta actuación na elaboración dos contidos relacionados coa violencia de xénero e no tratamento de datos sobre agresións a mulleres.
- O actual Ordenamento Xurídico do Estado dalle ás institucións as ferramentas suficientes para que as televisións públicas e privadas cumpran coa súa función social. As institucións do Estado en democracia teñen a responsabilidade de garantir a seguridade das persoas.
- Os medios de comunicación están obrigados a cumplir cun código etico deontológico a favor dos dereitos humanos.
- Os medios de comunicación deben difundir unha imaxe pública da muller segundo a lexislación e as políticas de igualdade, á hora de fomentar o papel da muller nunha sociedade igualitaria.
- É necesaria a capacidade de relación das organizacións de mulleres cos medios de comunicación, que deben evitar a filtración de estereotipos propios dunha sociedade machista.
- Deixar de identificar os contidos informativos relacionados coa beleza, maternidade ou a decoración como a única información que lle interesa ao público feminino.
- Non difundir imaxes de persoas ou de lugares frecuentados pola vítima que permitan identificala.
- Non focalizar a información na vítima.
- Evitar a procura de fontes inexpertas que permitan xustificar as accións violentas contra as mulleres.
- Non clasificar a violencia de xénero como unha noticia de sucesos.
- Non enumerar o número de vítimas, porque supón unha despersonalización do problema.
- Os medios de comunicación deben evitar seren transmisores de coaccións e xustificacións, fuxir de dar á opinión pública un perfil definido dos agresores que disperse a atención do propio acto de agresión, como dicir que son extranxeiros, alcohólicos ou enfermos mentais.
- Non dar un tratamento informativo igual a todos os casos de violencia doméstica, nin tratala coma un simple suceso. Remitir as informacións de xénero á defensa dos dereitos humanos para reproducir un novo modelo de estructura social sen estereotipos machistas.
- Os medios de comunicación deben facerse eco non só da violencia de xénero ejercida no ámbito da parella, senón que tamén debe referirse a outros tipos de violencia como o acoso sexual ou laboral.
- Facilitar o acceso dos profesionais aos códigos de autorregulamento.
- Evitar titulares morbosos e disculpatorios. Centrar a información no agresor máis que na vítima.
- Usar termos como violencia sexista ou violencia machista contra as mulleres, no canto de violencia de xénero.
- Formar e sensibilizar aos xornalistas dun coñecemento específico sobre a violencia de xénero para ofrecer unha información contrastada, racional e democrática
- Crear estratexias e recursos de formación para os xornalistas.
- A violencia de xénero debe ser tratada por especialistas.
- Os medios de comunicación deben contribuír aos cambios nas estructuras sociais e non perpetuar os estereotipos machistas.
- Os xornalistas deben incluír nas súas informacións de xénero un pensamento antipatriarcal e feminista, sobre todo nos programas de opinión.
- Deben desaparecer os programas que reproducen estereotipos ou seren excluídos das subvencións estatais, xa que as institucións do Estado teñen a obriga de protexer os dereitos ós cidadáns.
- Elaborar información crítica materialista das crenzas relixiosas que poidan perpetuar o segundo plano da muller na vida.