Despedimentos en Acordar-Vieiros e no 'Faro de Vigo'

Dossieres

As últimas semanas chegaron con más noticias para os medios galegos. Ao despedimento de 8 traballadoras no 'Faro de Vigo' o pasado 7 de xullo sumouse esta semana o anuncio de que Vieiros e Acordar planean prescindir de 10 traballadores, un tercio do total do cadro.

No caso do Faro de Vigo, as traballadoras despedidas, cunha media de 30 anos na empresa, pertencen ás seccións de Peche, Devolución e Central. A Inspección de Traballo e un xulgado de Vigo xa obrigaran á empresa hai máis dun ano a regularizar a cinco destas traballadoras. Logo de facer valer os seus dereitos laborais, agora ponas na rúa, cunha indemnización de 20 días por ano traballado. O comité de empresa ten anunciado mobilizacións a empezar esta semana, na que xa se concentraron perante as sedes de xornal.

Por outra banda, o Sindicato de Xornalistas de Galicia e a CUT denunciabn o luns que as empresas web compostelanas Vieiros e Acordar están a preparar o despedimento dun terzo do total do seu persoal. Ambos os dous sindicatos denunciaban o feito de que estes despedimentos se realicen sen que se presente ningún plano de viabilidade que asegure o futuro da empresa e a xustificación dos despedimentos. Pola súa parte, a CUT denuncia tamén que hai traballadores aos que se lles adebeda parte das nóminas.

CPXG

Documentación