Novos colexios de xornalistas en andamento

Dossieres

O Colegio Profesional de Periodistas de Castilla y León, o quinto que se crea en España, botou a andar o pasado 19 de decembro coa xornalista burgalesa Mar González Mena como primeira decana.

A este novo órgano colexial, recén constituído, van sumarse en breve outros proxectos que andan en distintas fases de desenvolvemento. O País Vasco prevé constituír o seu colexio antes de que finalice o ano, mentres que o Parlamento rioxano xa aprobou a lei que regula o Colegio Profesional de Periodistas de La Rioja. Avanzan tamén os primeiros trámites en Navarra e Castela-A Mancha, mentres que Madrid xa presentou a solicitude para crear o seu e Estremadura pensa facelo proximamente.

Precisamente este mes, coincidinco coa Asemblea Xeral Extraordinaria da Federación de Asociacións de Xornalistas de España (FAPE), organizouse unha xornada en Cáceres para tratar monograficamente o tema dos colexios profesionais de xornalistas. Nesta xornada, na que participou o decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), Xosé Manuel Pereiro, deuse conta da situación actual dos distintos proxectos de colexios.

CPXG

Documentación