Os xornalistas galegos premian a Rosa María Calaf na V Edición do Premio José Couso

Dossieres

A xornalista obtivo onte un novo recoñecemento á súa traxectoria profesional, un premio á súa labor a prol da liberdade de expresión. O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia anunciabaa como a gañadora da V Edición do Premio José Couso da Liberdade de Prensa. Convértese ademais na primeira muller que recibe este galardón, organizado polo Colexio de Xornalistas e o Club de Prensa de Ferrol en memoria do xornalista asasinado en Irak, José Couso.

Rosa María Calaf Solé naceu en Barcelona en 1945. é licenciada en Dereito e Xornalismo. Master en Institucións Europeas (Universidade libre de Bruxelas), Ciencias Políticas (Universidade de California-Os Ánxeles).

O pelo vermello e un guecho prateado son os trazos máis característicos de Rosa María Calaf que se converteu na correspondente máis veterana de TVE con 38 anos ás súas costas. Desde o seu ingreso en Radiotelevisión Española en 1970, traballou como xornalista radiofónica e a partir de 1976 colaborou con magazines e programas como 300 millones, cousa que lle permitiu viaxar por toda América Latina. En 1983 pasa por Televisió de Catalunya durante a súa etapa fundacional para exercer como directora de programación e de produción. Pero a súa traxectoria está marcada polas correspondencias de TVE.

Documentación