Protesta en RTVE polos cesamentos e cambios nos informativos

Dossieres

O pasado venres 28, os traballadores de Televisión Española realizaron unha sentada diante do despacho do director de informativos, José Antonio Álvarez Gundín, pola destitución de tres xefes de área de longa traxectoria na redacción da cadea pública e de dúas adxuntas de nacional, no que se denominou o Black Friday da TVE.

Esta protesta veu ser a primeira expresión pública do descontento do persoal polos numerosos cambios e cesamentos nos informativos da canle pública. Uns cambios e cesamentos que moitos traballadores consideran que están a afectar á independencia informativa da TVE e que se aceleraron coa entrada de José Antonio Sánchez como presidente da corporación e, especialmente co nomeamento de José Antonio Álvarez Gundín.

Neste dossier, recollemos as principais noticias surxidas arredor das mudanzas na TVE.

CPXG

Documentación