TVE renuncia a recorrer ó endebedamento ata 2010

Dossieres

RTVE renuncia a recorrer ó endebedamento ata 2010 para financiar as súas necesidades, segundo consta no borrador do contrato-programa da corporación para o próximo trienio.

A lei permite á televisión pública endebedarse para financiar as súas inversións en inmobilizada e posibles desfasamentos temporais de tesourería.

Porén, o texto que presentou o presidente de RTVE, Luis Fernández, ó consello de administración sinala que a actual situación patrimonial do grupo lle permite non ter que buscar financiamento externo a curto prazo.

O borrador entregado por Fernández ó consello non inclúe aínda os capítulos que poden ser máis contravertidos, como os relacionados coas previsións financeiras ou a programación e produción, pero si avanza detalles concretos noutras áreas.

Así, o documento fixa un cadro estable, entre empregos fixos e temporais, de 6.454 persoas, con 78 postos suprimibles, todos eles en centros territoriais. O obxectivo 'prioritario' destes centros será achegar contidos á programación nacional.

O texto tamén prevé unhas inversións de 336,6 millóns de euros en infraestruturas e tecnoloxías necesarias para cumprir co labor de servizo público.

TVE comprométese a dedicar unha canle ás emisións en alta definición a partir de abril de 2010, que emitirá en aberto. Na área multimedia, o obxectivo é chegar ás 60.000 noticias anuais en liña.

MADRID
CINCO DÍAS

Documentación