140 anos de La Voz de Galicia

Do ao

Lugar: Paseo Central da Alameda, 15705 Santiago de Compostela

La Voz de Galicia organiza no Paseo Central da Alameda de Santiago unha exposición que compendia os seus 140 anos. Trátase dunha mostra que recolle tanto os acontecementos máis próximos ao 4 de xaneiro de 1882, día no que viu a luz o primeiro exemplar da Voz, como as últimas noticias de actualidade, entre elas a invasión rusa de Ucrania. A exposición poderá visitarse até o 30 de xuño.

A mostra, deseñada por Manuela Mariño, e coordinada por María Santalla e Antón Fernández, está composta por un corpo xeral de quince cubos de gran formato, que reproducen informacións de todas as seccións do xornal e de diferentes períodos desde o seu nacemento, e outros dous máis dedicados á edición local de Santiago. 

Máis información aquí.