Actividades do 16º Premio Luis Ksado de Fotografía

Do ao

A Deputación da Coruña organiza unha serie de actividades arredor do décimo sexto premio Luis Ksado de fotografía, que terán lugar ao longo do mes de outubro en Santiago de Compostela, A Coruña e Muros. 

O día 3 de outubro ás 11:00 horas, na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, o fotoxornalista Brais Lorenzo presentará as imaxes premiadas na 16ª edición do premio Luis Ksadó. Outros dous obradoiros masterclass celebraranse no Centro Ágora da Coruña con motivo do premio, en horario das 16:30 ás 20:00 horas: o 5 de outubro co fotógrafo e premio Pulitzer Emilio Morenatti e o 6 de outubro coa editora gráfica Maria Mann. A inscrición para os obradoiros é gratuíta e está aberta nesta web: https://www.dacoruna.gal/cultura/premios/ksado/inscricion/.

Ademais, o día 3 de outubro realizarase en Muros unha homenaxe aos fotógrafos históricos Juan e Perpetua Málvarez, que dará comezo ás 19:00 horas cun acto institucional para continuar ás 19:30 cunha mesa redonda na que participarán Xurxo Couto, Josefina Málvarez e Isidro Dubert. 

As fotos gañadoras e finalistas do 16º premio Luis Ksadó expoñeranse do 4 de outubro ao 6 de novembro no Museo do Pobo de Santiago de Compostela, para realizar despois unha exposición itinerante pola provincia da Coruña.