I Premio de xornalismo feminista Lucía Martínez Odriozola
Pikara Magazine e a Asociación de Mujeres Xornalistas de Pikara Magazine poñen en marcha o I Premio de Xornalismo Feminista Lucía Martínez Odriozola, co obxectivo de premiar o traballo de estudantes de xornalismo ou comunicación audiovisual que incorporen a perspectiva de xénero aos seus traballos universitarios. O premio está dotado de 300 euros e a publicación do texto en Pikara Magazine.
As e os participantes deben estar a cursar, en calquera universidade do Estado español, xornalismo ou comunicación audiovisual. Aceptarase unha reportaxe xornalística por persoa, en eúscaro ou castelán, que fose escrita nos anos 2022 ou 2023 e non fose publicada en ningún medio.Todos os textos deberán ser avalados por algún profesor ou profesora da universidade na que o ou a participante estea a cursar os seus estudos.
Os traballos, xunto ao aval e un documento cos datos do alumno ou alumna, deben enviarse a congreso@pikaramagazine.com antes do 31 de xullo de 2023, co asunto I Premio de Periodismo Feminista LMO.
Máis información nas bases do premio.