II Premio Pablo L. Orosa de fotoxornalismo

Do ao

A Fundación Luzes convoca a IIª edición do Premio Pablo L. Orosa de fotoxornalismo, co obxectivo de dar anualmente visibilidade a temas de interese da realidade galega, así como abrir novas oportunidades a profesionais do fotoxornalismo en Galicia. O galardón quere tamén homenaxear ao fotoxornalista e escritor galego Pablo L. Orosa, como exemplo das achegas de excelencia que profesionais novas poden desenvolver nesta actividade.

Poden participar no premio todas as persoas maiores de 18 anos, cunha serie dun mínimo de cinco e un máximo de oito imaxes, inéditas e feitas no territorio galego, que conten unha historia a través da fotografía. A temática das imaxes versará sobre o algún acontecemento relevante para a sociedade galega durante o último ano. O premio terá unha dotacion economica de 2.500 €.

As fotografías enviaranse por medio dun correo electrónico ao enderezo electrónico premios@fundacionluzes.gal, indicando no «Para o IIº PREMIO PABLO L. OROSA DE FOTOXORNALISMO da Fundación Luzes» e o mesmo nome que figure nos arquivos JPEG das fotografias. O prazo de recepción de obras extenderase do 1 de setembro ao 30 de outubro de 2022.

Máis información nas bases do premio