III Premios Internacionais de Xornalismo Móbil

Do ao

Información de contacto:

premiomojo@uoc.edu

 

A Universitat Oberta de Catalunya (UOC) e a Axencia Efe poñen en marcha a terceira edición dos Premios Internacionais de Xornalismo Móbil EFE-UOC, co obxectivo de promover a excelencia no xornalismo móbil e estimular a súa práctica entre os profesionais e estudantes de Xornalismo e Comunicación.

Os premios contan con tres modalidades: estudante, profesional e premio Vueling ao xornalismo móbil de viaxes. Os traballos a concurso deben estar escritos en español ou en calquera das linguas cooficiais e ter sido difundidos ou publicados por algún medio de comunicación ou algunha plataforma de internet (blogues, canles de vídeo en liña, etc.) de calquera lugar do mundo entre o 1 de outubro de 2021 e o 1 de outubro de 2022. A presentación das obras deberá realizarse por medio dun enlace á súa publicación, que terá que estar activo até o 31 de decembro de 2022.

Para participar nos premios, cómpre cumprimentar o formulario de inscripción e achegar a documentación acreditativa antes do 9 de setembro de 2022. Máis información nas bases do premio