Premios xornalísticos sobre as consecuencias nocivas do tabaco

Do ao

A Asociación Española Contra el Cáncer convocou uns premios de xornalismo co obxectivo de recoñecer o labor dos xornalistas e os medios de comunicación na divulgación e achegamento á opinión pública das consecuencias nocivas do tabaco na saúde.

A estes recoñecementos poderá concorrer todos aqueles profesionais da información que publicasen, en calquera medio de comunicación español ou internacional (independentemente do seu soporte e ámbito de difusión: prensa escrita, medios online, radio, podcast ou televisión), algún traballo que achegue un enfoque relevante sobre tabaco.

Con este tema como protagonista, tomarase en conta para recoñecer aos mellores a calidade narrativa, a profundidade e a orixinalidade dos traballos presentados.

Os premios, que non terán contía económica, englobaranse en dúas categorías: para xornalistas junior (ata 35 anos) e para xornalistas maiores (máis de 35 anos), e entregaranse no 9th European Conference on Tobacco or Health (ECToH) que se celebrará en Madrid, do 26 ao 28 de abril en IFEMA. Os traballos poden entregarse a través da web https://ectoh.org/ até o 20 de marzo de 2023.

Máis información nas bases dos premios.