VI Premio de Xornalismo da Cámara de Comercio Alemá para España

Do ao

Información de contacto:

Martin Schneider
Cámara de Comercio Alemana para España
Avenida Pío XII, 26-28
28016 Madrid
premioperiodismo@ahk.es

A Cámara de Comercio Alemá para España convoca o seu VI Premio de Xornalismo, co que pretende recoñecer o labor divulgativa dos medios de comunicación no fomento das relacións bilaterais hispano-alemás. 

As obras presentadas poderán versar sobre cuestións de actualidade económica, financeira, empresarial, social ou cultural que teñan relevancia e interese informativo e calidade no seu tratamento xornalístico. As candidaturas poden enviarse ata o 4 de novembro de 2023 ao correo electrónico premioperiodismo@ahk.es ou por correo postal, á atención de Martin Schneider, á dirección: Cámara de Comercio Alemana para España. Avenida Pío XII, 26-28. 28016 Madrid. 

Como novidade, o galardón incorpora nesta edición unha segunda categoría especial, “Protección do Clima e Sostibilidade”, orientada a recoñecer o traballo xornalístico que mellor promova a conciencia sobre os desafíos ambientais e a importancia da sostibilidade no marco da actividade empresarial e turística.

Cada unha das categorías está dotada cun premio de 1.000 euros e dunha viaxe a Alemania para dúas persoas, por cortesía da Oficina Nacional Alemá de Turismo. 

Máis información nas bases do premio.