XVI Premio Paco Rabal de Xornalismo Cultural

Do ao

Información de contacto:

fneira@fundacionaisge.es

AISGE convoca a décimo sexta edición do Premio Paco Rabal de Xornalismo, que recoñece os mellores artigos, reportaxes ou entrevistas sobre a realidade do traballo dos actores, bailaríns, dobradores ou directores de escena. O certame está dotado con 5.000 euros para o gañador, cun accésit de 3.000 euros e o premio Joven Promesa, de 1.000 euros.

Os artigos candidatos deben ter sido publicados entre o 16 de outubro de 2021 e o 15 de outubro de 2022, en calquera das linguas oficiais do Estado español e nun medio escrito, con independencia da súa periodicidade, difusión ou formato (físico ou dixital).

Os traballos deben remitirse antes das 23.59 do vindeiro 23 de outubro á dirección electrónica fneira@fundacionaisge.es. Xunto ao traballo remitirase, en documento word a parte, un breve currículo do autor (non máis de 15 liñas), un teléfono, un correo electrónico de contacto e unha copia do DNI, pasaporte ou cédula de identificación.

Máis información nas bases do premio