A Rede de Colexios adhírese aos de Andalucía e Castela e León sobre a renovación do Consello da RTVA e o trato aos xornalistas ao presentar o pacto en CyL

A Red de Colexios Profesionais de Xornalistas comparte o malestar mostrado polo Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía tras coñecer as propostas de cada grupo parlamentario para renovar o Consello de Administración da RTVA e o Consello Audiovisual, sobre as que apareceron multitude de informacións nos diversos medios de comunicación.

A este respecto, a Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas e o Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía reiteran a súa demanda aos grupos parlamentarios para que en todas as propostas aparezan profesionais do Xornalismo e a Comunicación Audiovisual e que dese xeito “non perdan a oportunidade de dignificar ante a cidadanía a composición do consello de administración da RTVA e o Consello Audiovisual”.

Así mesmo, a Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas tamén se adhire ao comunicado emitido polo Colegio Profesional de Periodistas de Castilla y León no que mostra o seu rexeitamento ao trato dispensado aos xornalistas que acudiron ao acto de presentación do pacto de gobernabilidade na devandita comunidade autónoma. Desde o Colegio de Periodistas de Castilla y León e a Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas vese inadmisíbel que o devandito acto non contara cunha rolda formal de
preguntas e que os xornalistas non tiveran un espazo reservado para desempeñar o seu labor profesional da mellor maneira posíbel.

Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas

A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas constituíuse o 14 de xuño de 2018 e está formada polos nove colexios profesionais de xornalistas que actualmente existen en España (Andalucía, Asturias, Castela e León, Cataluña, Galicia, A Rioxa, Murcia, Navarra e País Vasco).

REDE DE COLEXIOS PROFESIONAIS DE XORNALISTAS