Bota a andar o Registro de Medios Digitales de Andalucía (ROMDA)

O Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía presentou o Registro de Medios Digitales de Andalucía, unha initciativa para garantir que a información que se está a recibir na Internet foi elaborada de acordo a principios profesionais e éticos. 

Tras o compromiso alcanzado na última Asemblea e a aprobación das súas bases reguladoras, o Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía (CPPA) presentou o Registro Oficial de Medios Digitales de Andalucía (ROMDA), no marco da reunión anual ordinaria de colexiadas e colexiados que se celebrou os días 17 e 18 de marzo pasados na localidade de Alcalá la Real (Jaen), 

O ROMDA, creado e xestionado polo propio CPPA, distingue que a información que se está a recibir procede dun medio de comunicación xornalístico, coas garantías que iso supón para preservar o dereito á información. Os medios rexistrados demostraron perante o CPPA que son elaborados de acordo a principios profesionais xornalísticos e éticos, segundo os requisitos establecidos nas bases.

Na conferencia de prensa de presentación do ROMDA participaron o deputado de Turismo da Deputación de Cádiz, Manuel Fernández, o alcalde de Alcalá la Real, a decana do CPPA, Eva Navarrete, e a presidenta da demarcación de Cádiz do CPPA, Lorena Mejías. Hinojosa destacou que “estes instrumentos son necesarios para que a cidadanía poida ter referencias respecto das distintas webs ou blogues que atopamos na internet e sobre as que en numerosas ocasións non se coñece a autoría ou credibilidade das fontes e informacións que ofrecen”.

 

CPXG