Condenada por manipulación unha televisión pública de Xapón

A cadea pública nipona de televisión NHK foi condenada onte a pagar 16.400 dólares por manipular un programa que acusaba ás autoridades de permitir a escravitude sexual da muller durante a Segunda Guerra Mundial.
No 2001, NHK emitiu un simulacro do xuízo sobre os abusos cometidos polas autoridades xaponesas antes e durante a guerra. No programa, os xuíces consideraban culpable ó emperador Hirohito de crimes contra a humanidade por institucionalizar esta escravitude. Porén, durante a emisión deste espazo omitiuse a sentenza contra Hirohito e testemuños de soldados.

TOQUIO
LA VOZ DE GALICIA
F. M. X.