Condicións especiais para colexiados e colexiadas nos estabelecementos de Vincci Hoteles

Grazas aos acordos da Rede de Colexios de Xornalistas, os colexiados e colexiadas do CPXG poden beneficiarse do convenio asinado polo Colegio Vasco de Periodistas / Kazetarien Euskal Elkargoa coa cadea Vincci Hoteles. Así mesmo, nos últimos meses renováronse varios dos acordos que ofrecen condicións especiais en produtos e servizos aos membros do Colexio de Xornalistas. 

O Colegio Vasco de Periodistas / Kazetarien Euskal Elkargoa vén de asinar un acordo coa cadea hoteleira Vincci Hoteles, extensíbel a toda a Rede de Colexios de Xornalistas. Grazas a este convenio, as colexiadas e colexiados do CPXG poderán gozar dun desconto nas reservas de até o 25% en todos os hoteis da cadea, ademais dun 10% de desconto nos servizos de restauración durante a estancia. 

Estas vantaxes para as colexiadas e colexiados súmanse ás de varias ducias de convenios activos que ofrecen condicións especiais en aloxamentos, aluguer e compra de vehículos, lecer, subscricións a medios de comunicación, museos, clínicas de saúde, seguros ou transportes. Algúns deses acordos foron renovados ultimamente, como os realizados con Adeslas, Avis, as Clínicas Dentais Pazos y Couto ou Yelmo Cines

Podes consultar todos os convenios na sección Descontos da nosa web. Se aínda non dispós das claves para acceder aos documentos e códigos, podes solicitalas no enderezo xornalistas@xornalistas.gal ou no teléfono 981 935 670.

CPXG