Convocado un cento de prazas de comunicación en dez ministerios

O Goberno de España vén de realizar unha convocatoria de emprego público que inclúe 101 prazas dirixidas a titulados e tituladas en Xornalismo ou Comunicación Audiovisual, para un total de dez ministerios. O proceso de selección será mediante concurso-oposición e o prazo de presentación de solicitudes está aberto até o 28 de xuño. 

As convocatorias de prazas de comunicación son para os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación (1 praza); Cultura e Deporte (27); Defensa (2); Facenda e Función Pública (5); Igualdade (4); Inclusión, Seguridade Social e Migracións (2); Política Territorial (50); Sanidade (4); Traballo e Economía Social (2) e Universidades (4). Do total das prazas, 45 son de ingreso por acceso libre e 56 por promoción interna, e 14 delas están reservadas para quen teñan a condición legal de persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.

O proceso de selección vai realizarse mediante o sistema de concurso-oposición. As probas de selección constarán de tres exercicios, todos eles eliminatorios. Na convocatoria de cada ministerio especifícanse o contido das probas a realizar e a puntuación das mesmas, así como outras informacións específicas sobre as prazas.

As persoas interesadas en presentarse á convocatoria poden cursar a súa solicitude mediante o modelo oficial 790, ao que se accederá a través do punto de acceso xeral da administración. No anexo IV de cada convocatoria especifícanse as instrucións para tramitar a solicitude. O prazo de presentación está aberto até o 28 de xuño de 2023.

Máis información na convocatoria de emprego público.

CPXG