Despedir os xornalistas mata a noticia

"Despedir os xornalistas mata a noticia" é o lema escollido este ano pola FIP para celebrar a Xornada Mundial polo Traballo Decente. A organización chamando a gobernos e medios de comunicación a protexer os postos de traballo dos e das comunicadoras e a garantir o dereito a recibir información de calidade nun contexto marcado polos efectos devastadores da pandemia. Para isto, lembra as medidas incluídas da Plataforma Global para el Periodismo de Calidad do 2020. 

A Federación Internacional de Xornalistas (FIP) sumouse á celebración, este 7 de outubro, da Xornada Mundial polo Traballo Decente cun manifesto titulado "Despedir os xornalistas mata a noticia", no que chama aos gobernos e os medios de comunicación de todo o mundo a protexer os postos de traballo das e dos informadores e garantir o dereito a recibir información de calidade.

O comunicado lembra os efectos devastadores que a pandemia da covid-19 tivo sobre o xornalismo, polo que "moitos medios de comunicación en todo o mundo tiveron que pechar, destruíndo así miles de postos de traballo, mentres que moitos e moitas xornalistas seguen a sufrir longos retrasos no cobro das nóminas. Denuncia tamén que traballadores e traballadoras de prensa non teñen fontes de ingresos mentres grandes propietarios de medios de comunicación aumentan os seus beneficios. Asemade, a FIP achega numerosos datos que reflicten a crise económica e laboral do xornalismo, entre os que se encontra que "o descenso dos ingresos publicitarios entre marzo e agosto de 2020 ascendeu ao 32% en España e está lonxe de recuperarse". 

Para combater esta situación, a FIP lembra as recomendacións da Plataforma Global para el Periodismo de Calidad, un plan lanzado en 2020 para salvar os medios de comunicación máis afectados pola crise e protexer as e os xornalistas máis precarios. Entre estas medidas, reclama especialmente gravar os ingresos das grandes empresas tecnolóxicas e utilizar los fondos recaudados para apoiar a medios de comunicación independentes, garantir que calquera estímulo para a recuperación do xornalismo conte con apoio para dar ás redaccións a cantidade de personal necesario, apoiar prioritariamente os e as informadoras en situación máis precaria e reforzar la protección dos dereitos de autor das e dos xornalistas.

Coincidindo con esta data, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia quere lembrar, como xa ten feito en numerosas ocasións, que o deterioro das condicións laborais do exercicio profesional do xornalismo só pode redundar nunha redución da calidade e a pluralidade da información que recibe a sociedade. Ademais de dificultar dispór do tempo e os recursos necesarios para realizar unha información fonda e contrastada, a precariedade favorece o medo das e dos xornalistas a perderen o emprego, o que fai máis difícil que poidan resistir ás presións.

CPXG