En marcha a quinta edición do programa de acollida temporal de xornalistas latinoamericanos de RSF

Reporteiros Sen Fronteiras España pon en marcha por quinto ano o seu programa de acollida temporal de xornalistas latinoamericanos. O proxecto, dirixido a informadores que se enfrontan a censura, ameazas ou persecución relacionada co exercicio da profesión, conta coa colaboración do Concello de Madrid e ten aberto o prazo de recepción de solicitudes até o 15 de xuño.

O obxectivo do proxecto é non só o de ofrecer un descanso a xornalistas que se enfrentan a unha situaciónprofesional difícil, senón tamén o de ofrecerlles unha formación continuada, asistindo a cursos en España, e lazos de unión e redes de contacto cos profesionais españois. Se así o desexan, poderan conceder entrevistas para denunciar a súa situación o a do conxunto da profesión nos seus países de orixe, así como compartir tamén a súa experiencia con estudiantes de xornalismo e xornalistas dos principais medios de comunicación. O programa cubre os vos de ida e retorno dos ou das xornalistas (xunto á realización de PCR se fosen necesarias), o aloxamento e a manutención e os gastos de transporte público, así como un seguro médico, a matrícula dos cursos e asistencia psicolóxica.

Para presentarse son requisitos ser xornalista profesional en activo e exercer nalgún país da América Latina, ademais de ser ou ter sido vítima de censura, acoso, ameazas ou agresións dalgún tipo a consecuencia do labor informativo. Será necesario tamén ter disponibilidade para permanecer en España os tres meses que dura a acollida temporal, entre o 15 de setembro e o 15 de decembro de 2022.

As persoas interesadas deben enviar antes do 15 de xuño a solicitude a programaacogidarsf@protonmail.com, xunto co pasaporte en vigor, unha fotografía, copias de polo menos tres publicacións recentes, algunha proba dos actos de intimidación e o cuestionario cumprimentado. RSF garante a confidencialidade dos datos personais e da información que reciba das persoas solicitantes.

Máis información aquí

CPXG