En marcha o programa de subvencións 'Medios Locais para a Democracia'

A Federación Europea de Xornalistas, xunto a outras organizacións profesionais, vén de pór en marcha Medios Locais para a Democracia, un programa piloto de financiamento para os medios locais, rexionais e comunitarios que se esforzan por informar nos chamados “desertos de noticias” de Europa.

O programa de subvencións Medios Locais para a Democracia, posto en marcha pola Federación Europea de Xornalistas, o Centre for Media Pluralism and Media FreedomInternational Media Support e Journalismfund Europe, e cofinanciado pola Unión Europea, inxectará 1.200.000 euros de apoio financeiro aos medios locais, rexionais e comunitarios que loitan por servir ao interese público e á liberdade de información naquelas áreas caracterizadas como “desertos de noticias”. Ademais de financiamento, os medios seleccionados polo programa recibirán titoría técnica e estratéxica para mellorar a innovación xornalística, a capacidade organizativa e a sustentabilidade empresarial. 

Os “desertos de noticias” caracterízanse como áreas xeográficas ou administrativas, ou tamén grupos sociais ou comunidades, onde o acceso aos medios de comunicación independentes e confiábeis se torna difícil ou mesmo imposíbel. Este tipo de "desertos" poden xurdir en non só naqueles lugares onde non hai medios de comunicación, senón tamén onde as redaccións están coaccionadas por intereses económicos, políticos ou de calquera outro tipo.

Ao programa pode presentarse calquera entidade legal con enderezo social nun país da Unión Europea, así como os equipos de xornalistas, como persoas físicas, que teñan residencia legal dentro da UE. Existen dúas convocatorias para realizar a solicitude, a primeira das cales remata o 25 de maio deste ano e a segunda o 28 de setembro.

Pódee consultar máis información sobre o programa nas páxinas web da Federación Europea de Xornalistas e de Journalismfund Europe.

CPXG